![]()
Este venres 18 de xullo ás 20:00 horas, a Capela do Centro Cultural Torrente Ballester acollerá unha xornada de divulgación e concienciación organizada por ASARGA xunto ao Concello de Ferrol.
Durante o acto proxectarase o documental “O Sarcoma Día a Día”, una peza audiovisual que recolle diferentes testemuños de pacientes con sarcoma, visibilizando as súas experiencias cotiás, desafíos e fortalezas fronte a este tipo de cancro pouco común.
Mayte Deus, presidenta de ASARGA, anima ao público a asistir e participar nesta xornada, e quere expresar o seu agradecemento á Concellería de Política Social e Inclusión polo seu apoio continuado á asociación. Deus lembra tamén o éxito do I Festival Solidario de ASARGA, celebrado o ano pasado no Teatro Jofre de Ferrol, como exemplo do compromiso do Concello con ASARGA.
O evento está aberto a todo o público e dirixido tanto a persoas interesadas como a profesionais da saúde, familiares de pacientes e colectivos sociais.
Entrada libre ata completar aforo.






