Xornada de concienciación sobre o sarcoma en Ferrol coa proxección do documental “O Sarcoma Día a Día”

Loading

Este venres 18 de xullo ás 20:00 horas, a Capela do Centro Cultural Torrente Ballester acollerá unha xornada de divulgación e concienciación organizada por ASARGA xunto ao Concello de Ferrol.

Durante o acto proxectarase o documental “O Sarcoma Día a Día”, una peza audiovisual que recolle diferentes testemuños de pacientes con sarcoma, visibilizando as súas experiencias cotiás, desafíos e fortalezas fronte a este tipo de cancro pouco común.

Mayte Deus, presidenta de ASARGA, anima ao público a asistir e participar nesta xornada, e quere expresar o seu agradecemento á Concellería de Política Social e Inclusión polo seu apoio continuado á asociación. Deus lembra tamén o éxito do I Festival Solidario de ASARGA, celebrado o ano pasado no Teatro Jofre de Ferrol, como exemplo do compromiso do Concello con ASARGA.

O evento está aberto a todo o público e dirixido tanto a persoas interesadas como a profesionais da saúde, familiares de pacientes e colectivos sociais.

Entrada libre ata completar aforo.

  • Related Posts

    La Asociación de Vecinos A Madalena celebra el “Día del Mayor” con el estreno de un dúo de gaita y acordeón

    Loading

    La Asociación de Vecinos A Madalena celebra este sábado, 8 de noviembre, una nueva edición del “Día del Mayor”, dentro del ya tradicional programa del noviembre cultural que desarrolla en Ferrol. Encuentro de colectivos Durante…

    Cedeira prepárase para celebrar as festas da patroa

    Loading

    Información dipoñible en galiciartabra.es Cedeira celebra as Festas da Patroa do 11 ao 17 de agosto, sete  días para os que xa está deseñado un programa de actividades variado que inclúe…

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *